sábado, 7 de febrero de 2009

Mar adentro

E partiu mar adentro... non lle importou o que deixaba atrás, anos abandoados pola man da sorte nas súas espaldas; nin parou a pensar un segundo en se botaría de menos algo, non consideraba que tivese nada, as posesións... eran vacías, e so supuñan unha carga para alguén coma él; nin sequera planeou que levar consigo, a verdade, non lle importaba moito, só quería deixarse levar polas ondas do mar como sempre soñara, dende que era mozo. Xa non era o primeiro intento, mais xamais tivera o valor de soltar as amarras, non se veía preparado para unha viaxe sen retorno polas aguas interminables, na procura do horizonte. Era un bala perdida, un alma bohemia, un romántico empedernido e sen remedio, víctima da súa imaxinación e soños, non tiña ambición algunha por destacar nas actividades materiais, so lle importaba soñar, soñar, e buscar un lugar onde os seus soños poidesen facerse reais... e ese lugar, non estaba en ningures mais que alá onde o seu corazón o levase... a mar, alí estaba o seu corazón, movendo as caprichosas ondas, facendo que a pequena embarcación se tambalease, ameazante, sobre o filo das ondas, que coma se fosen enormes coitelos parecían querer cortar aquela improvisada balsa en mil pequenos pedazos.

E partiu lonxe, sen rumbo; non deixaba atrás seres queridos, os que o eran, ían con él no seu corazón, os recordos, na súa mente, e as intencións no espírito, ía cheo de carga abstracta e vacío de material. Non buscaba mais que vivir a súa odisea, cumplir esa promesa que él fixera un día coas ondas, que algún día partiría mar adentro e deixaría que as correntes guiaran a súa barca polo océano, ata mesmo caer nos seus letais brazos en furia, ou quedar atrapado nunha extraña calma marina. Non importaba se sobrevivía ou morría, non importaba se chegaba a terras descoñecidas ou non volvía avistar terra firme, a súa unica ambición era entregarse ao mar para sempre, o seu único amor, as aguas, o seu maior soño, vivir e morrer sobre elas...

"Tolo, partiu sen mais. Xamais o comprenderían, ¿quen ía poder entender que alguén viaxase sen rumbo? Mais nunca tentaron detelo, a verdade, criticalo era moito mais facil que tratar de razoar as cousas con él. Era un enredante, tan pronto lle dixeran catro palabras, xa estabas falando ao seu favor, sen querelo, ¿non sería que tiña lóxica a súa forma de ver este mundo? -dubidoo- era un tolo, non mais, e por iso marchou. Infeliz, nin aquí nin no mar podería atopar a súa felicidade. Ese soño estúpido de que a felicidade estaba nese barco... menudo iluso, a felicidade... iso si que é un soño, miranos, aquí, partindonos o lombo día a día para sobrevivir, ¿é isto felicidade?"

Partiu mar adentro, partiu tempestade adentro, non saben que pasou, nin como foi a súa ruta. Os anos, caprichosos pasaron, e mais a mar xamais decía nada. Pero as augas sempre devolven o que entra nelas, co tempo, pequenas pertenzas del foron repartíndose por puntos da costa... moitas voltando ao seu pobo... ata que un día... apareceu él, o navegante, o tolo do pobo... unha carcasa pálida e inerte, sen respirar apenas, semiafogado, cunha barba enorme e unha cara demacrada, producto do salitre e vento mariño... pero había algo que foi o que mais estrañou aos habitantes do pobo que observaban este estraño supervivente do mar... na súa cara, nos seus beizos, había debuxada a mais feliz das expresións posibles, o maior dos sorrisos, o de quen loitou por un soño e o cumplira, por estúpido que fose, o odio podería caer sobre él, producto do medo e envexa, mais xamais lle arrebataría xa o sorriso...

...deu un paso... e lentamente tentou articular unhas palabras... mentres pouco a pouco, foi desmoroandose na area, moribundo, murmurando algo case imposible de entender, as xentes do pobo ían afastándose del, deixando que fosen as augas quenes o levasen, soterrasen nas areas ou desfixesen pouco a pouco despois da sua morte... e pouco a pouco foi desaparecendo, o seu corpo, as súas roupas... o seu recordo... mais houbo algo... que xamais ninguén puido olvidar, nin sequera a súa alma, nin sequera o mar...

[...]

O seu sorriso... o sorriso dun soñador...


1 comentario:

Anónimo dijo...

Todavía non firmara, sempre deixo aquí a miña pegada^^
Sempre me gusta ler estes textos, sentidos, e sentilos tamén^^
E agrádame ver que seguirás soñando e loitando polos teus soños, alégrome.
Quérote. =]