lunes, 9 de febrero de 2009

A eterna búsqueda

Que é este malestar, ¿esta sensación que me oprime o peito agora mesmo? Creo que a coñezo, mais non o sei, non podo estar seguro. De ter sido noutro momento, achacaría esta sensación a un baixo estado de ánimo. Pero non é asi, o meu estado de ánimo é, teoricamente, bo; simplemente son falta de forzas e de ganas por nada, é coma se calquera actividade estivese baleira, carente de sentido, nada me axuda a dar un paso mais e non atopo a forma de animarme. Que fago aquí, escribindo sobre nada... quizáis so esté na búsqueda de algo, non o sei, quizais unha cura para as feridas incurables do corazón e da alma... unha panacea que amortigue a dor cando me pille coa garda baixada o medo a perder. ¡Pero e que agora mesmo non teño ese medo! Certamente corro ese risco... ¿e qué? non me importa correlo, quero correlo, ¡quero loitar, gañar ou perder, a causa paga a pena! E aínda así non sei que me falta, ese curruncho do meu ser que non se chea con nada, non...

A angustia, volvese coma un arma de dobre filo, ataca o meu ánimo, e ataca aos medos, espertándoos... pero volvinme... ¿mais forte? Non o sei... o caso e que isto non é medo, non é desesperación nin desamor, non é soidade, non é abandono, non é rabia... é coma unha tristeza dentro do benestar... e como se... a pesar de estar ben... soubera que algo me falta... podería achacalo a tantas cousas e sen embargo esas cousas, ou asumin que non as recuperarei, ou loito aínda por elas... e non entendo porqué esta dor, estes alfileres incomprensibles... que punzan o meu peito buscando un porqué...

Quizais por isto escriba... un texto, si; debe ser a mellor forma. Vomitar a incerteza nunhas líneas... mesmo tocar a guitarra... compoñer... nas artes atopei un pouco a vía de escape a estes dores inexplicables... supoño que é a vía de escape mais común... e mesmo agora... nesta crise inspiracional... escribo e escribo sen poder parar, porque non é mais que un refuxio do alma, mesmo cando os textos non son lindos, non son agradables ou líricos, a literatura é o que libera desas cargas a miña alma... a música libérame daquilo que non podo expresar coas palabras... e a combinación supón a maior das purgas espirituais... quizais non sexa un gran compositor, un gran escritor xa nin digamos... mais... agora mais que nunca, doume conta do alivio que supón para mi poder estar agora plasmando un sentimento en cada letra... deixando a miña pegada no meu entorno... esta é a miña panacea, este é o tesouro que aínda non acabo de aproveitar nin descubrir do todo nesta eterna búsqueda da miña paz interior... Ese equilibrio que as veces desvanécese inexplicablemente... hoxe o podo equilibrar liberando cargas sílaba a sílaba...

[...]

Creo que me atopo moito mellor...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Libérate,
eu debería facer o mesmo.
Síntome, diría que dunha forma case idéntica.
E non coñezo o motivo...
Si, parece que todo estivera baleiro...
Espero que pronto todo recupere sentido.
Quérote.