domingo, 15 de marzo de 2009

Deter o tempo

Abriu os ollos e alí estaba o horizonte. Perdido entre gotas de auga de mar, fuxidas do violento choque das ondas contra a dura rocha, erosionandoa lentamente, esa intensa loita do mar por facer das moles rochosas fina area que con tanta insistencia repite dia tras día. Un cormorán voa rasante sobre o imponente océano; sen chegar a tocalo, coma con respeto cara esa enorme extensión de auga que separa a terra e o horizonte. O Sol podía verse grande, maxestuoso, descendendo lentamente, parecía ser tragado polas augas, coma se o mar tentase apagar esa enorme bola de lume. Descende as súas mans e roza as augas, en posición case fetal, encollido sobre si mesmo coma con medo de algo, admira todo o que lle rodea. O aroma que se respira, de mar, de bosque, resulta bucólico... pecha os ollos e deixase levar pouco a pouco pola embriaguez... Abriu de novo os ollos... a luz era moito mais ténue. Agora os mecanismos do faro escoitabanse, pouco mais arriba, acendéndose, programados, pois xa facía anos que ninguén tiña que ir encender o faro. Pouco a pouco, o astro rey era engulido polas augas... follas do bosque que se extendía tras él voaban arrastradas polo vento... a noite achegábase pouco a pouco e conforme se achegaba a natureza adormecíase... unha sensación de paz invadía a súa mente... a humidade sobre a sua pel era coma un colchón que invitaba a relaxarse... pouco a pouco viu como o momento ía rematando... coma unha breve caricia... un abrazo demasiado curto... un bico efímero... palabras que fuxen cos segundos... e unha sensación de insatisfacción invadía o seu corazón... desexando deter o tempo... para que nunca rematase ese momento.

É incrible como as cousas mais efímeras, pequenas, fuxitivas, poden espertar sensacións inimaxinables nos corazóns desacougados...

[...]